Mar...usía Los mejores libros gratis

Por Paco Rivas Domínguez

Mar...usía


Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes que respiran a mellor tradición do realismo fantástico e mostran unha lingua que procura recoller fielmente a fala da xente da Mariña luguesa, mesturada, no entanto, cunha prosa rica en matices e recursos estilísticos postos ao servizo do dramatismo das distintas historias. Como manifesta o profesor, escritor e ensaísta Luís Alonso Gigardo, autor do prólogo da obra: «Velaquí un novo libro de Paco Rivas. Agora un libro de prosa narrativa, de historias do mar e dos mariñeiros, das faenas de pesca e das súas artes, do mar e dos seus misterios, dos naufraxios, das conversas nas tabernas, de barcos e barcas, da vida da xente. Todo no reducido ámbito dunha moi concreta xeografía: a Mariña luguesa, as costas e as augas do norte, Nois, Pena Orxal e outras penas. En Nois precisamente ten o seu pequeno reino privado Paco Rivas, a súa casa é unha pequena atalaia a carón do mar que el coñeceu dende neno e que aínda hoxe continúa a contemplar, a revivir e reinventar e, como non, a recrealo coas palabras [. . . ]».

Información

ISBN de

Cubiertas

Autor

Paco Rivas Domínguez de

Papel de

Editor Mar...usía

Baia edicions

Fecha de publicación

20 de noviembre de 2017

Dimensiones

Idioma

Mar...usía

Cubrir

Versión Kindle

Serie

Siglos

Grado

Peso de

523.0 KB